Existe a idea cada vez máis estendida –por guionistas, fundamentalmente- de que se William Shakespeare escribise na actualidade, sería –evidentemente- guionista de televisión.

Non se especifica se estariamos a falar dun escritor anónimo ou do xenio que todos identificamos de inmediato. Entendo eu que se referirán ao Shakespeare ratificado pola historia porque se non, qué gañarían os difusores dunha idea tan interesada como maniquea apropiándose dun ninguén?

Tampouco nos din se sería un dialoguista mercenario en algo tipo Aquí no hay quien viva, por poñer un exemplo ben coñecido e recoñecible, ou máis ben un ubicuo showrunner ao estilo de figuras como David Simon e Vince Gilligan. Non é por nada, pero a cousa cambiaría bastante.

En todo caso, si, é moi probable que o tal Shakespeare, como case calquera outro escritor de hoxe, se sentise tentado pola escritura televisiva –ou cinematográfica-, aínda que fose só por unha cuestión de cartos. E non só por iso. Tamén pola capacidade da ficción audiovisual para chegar a millóns de espectadores das máis diversas culturas e de toda condición. Por non falar do indiscutible valor artístico dalgúns dos seus produtos. De feito, cómpre mirar con suspicacia a aqueles que non estean de acordo con nós cando declaremos  sen vacilación que é na ficción televisiva –non na cinematográfica- onde se está a escribir a mellor narrativa deste novo século. Non en toda, claro. Pero hoxendía, e con toda xustiza, xa practicamente ninguén discute que o guión debe ser considerado un xénero literario máis.

Non é necesario lembrar que Shakespeare -centro do canon literario occidental como creador dunha obra imperecedoira que non deixa de ser fagocitada polo cine e a televisión para despois ser regurxitada e servida de novo ao público-, foi antes ca nada autor teatral.

Así que na interesada e maniquea idea de que hoxe o dramaturgo d´ O Globe sería guionista, subxace a perversa e pouco informada afirmación de que o teatro actual –e na actualidade- carece de verdadeiro valor como forma de arte fronte ás escrituras audiovisuais. E que calquera que aspire a converterse en escritor de ficción dramática e se vexa capaz de crear obras poderosas e personaxes inmortais, debe fuxir da escena se non quere desperdiciar o seu talento.

Como o desperdiciou Wiliam Shakespeare.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s