Manuel F. Vieites publica na Erregueté unha nova recensión sobre “Só un home bo” (Edicións Positivas, 2020)

“Polo texto aboia unha cuestión ben transcendental e sobre a que se sabe moi pouco e se debería saber moito máis, nomeadamente toda a información vinculada con determinados “paraísos” onde aínda existen escravas sexuais, nenas e mozas roubadas no seu entorno que rematan ao servizo desas castes poderosas que exhiben luxo, poderío, rancio integrismo, piedades finxidas e moitas reverencias alá onde van ou están. Pero tamén están todos eses refuxios da masculinidade máis mesquiña, que adoitan invadir rúas e estradas en arrabaldes de cidades e vilas, mesmo aldeas, e que tantas traxedias agochan, anónimas para os máis, pero enormes para quen as padece e son moitas as persoas que tal padecen como vítimas directas, indirectas e involuntarias.” (Manuel F. Vieites)

Aquí podes ler a crítica completa: https://erreguete.gal/2021/03/03/so-un-home-bo/

Deixar un comentario