Raúl Dans (A Coruña, 1964)

Protagoniza en 1988 “O mozo que chegou de lonxe”, unha produción do Centro Dramático Galego dirixida por Mario Gas, e abandona a interpretación teatral para formarse como dramaturgo e guionista, asistindo a seminarios e cursos impartidos por Sanchis Sinisterra, Robert Mckee, Víctor Erice e J.C. Carriere, entre outros. (Raúl Dans -A Coruña, 1964- started his acting career in the historic Compañía Luís Seoane in A Coruña. After starring in “O Mozo Que Chegou De Lonxe” (1988), produced by Centro Dramático Galego and directed by Mario Gas, Dans trained to become a script and play writer. He attended workshops given by Sanchis Sinistierra, Robert McKee, Victor Erice, and J.C. Carriere among others.)  
 
     En 1993 entra na escena da escritura teatral galega con Matalobos (Premio Rafael Dieste para Textos Teatrais) e un ano máis tarde consegue o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro con Lugar, que o Centro Dramático Galego pon en escena en 2000. (In 1993, he burst into Galician playwriting with Matalobos, awarded (Premio Rafael Dieste para Textos Teatrais) and also the Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro for Lugar a year later, performed by the Centro Dramático Galego in 2002.)

     Paralelamente, Dans desenvolve unha sólida traxectoria como dialoguista, argumentista e creador de series de ficción para a Televisión de Galicia –A miña sogra e mais eu, Pratos combinados, A vida por diante, Terra de Miranda, As leis de Celavella…-, e recibe axudas institucionais para a redacción dos guións de longametraxe “Fragmentos” e “Ás portas do paraíso”. Gaña en dúas ocasións o Premio Mestre Mateo de Guión: en 2003 por Terra de Miranda e en 2005 por As leis de Celavella.

    En 2008 aparece todo o seu teatro breve nun volume titulado Nun mundo hostil, coincidindo coa edición de Nachtmahr, e dous anos máis tarde, en 2010, gaña de novo o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro con Chegamos despois a unha terra gris, que ao ano seguinte acada o Premio de Teatro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

     Con Unha corrente salvaxe logra por segunda vez o Premi Born de Teatre (2012), galardón que xa conseguira na edición de 1997 coa obra Derrota, que foi estreada por Argos Teatro en La Habana en 2011, dirixida por Edith Obregón. En 2015 gaña o XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela coa obra As cancións que lles cantaban aos cativos, texto sobre a fin de ETA que explora os temas da culpa, o perdón e a redención. (Awarded the Premi Born de Teatre in 2012 for Una Corriente Salvaje, wich he also won in 1997 for Derrota, and  the XXIV Premio SGAE de Teatro Jadiel Poncela in 2015 for Las Canciones que les cantaban a los niños.)

      En 2020  gaña o II Premio Laudamuco con Só un home bo, obra que ao ano seguinte recibe o Premio Follas Novas de Teatro 2021, promovido polas asociacións de escritores, editores e libreiros galegos. 

https://contextoteatral.es/rauldans.html

https://gl.wikipedia.org/wiki/Ra%C3%BAl_Dans

https://es.wikipedia.org/wiki/Ra%C3%BAl_Dans

Deixar un comentario